Non todo o monte é orégano

Austeridade

8 Marzo, 2009 · 1 comentario

Esta debe de ser a palabra máis repetida polo vindeiro presidente da Xunta nestes días previos á súa subida ós ceos do poder galaico, e como toda idea tén que ter unha bandeira representativa, Núñez Feijóo e os seus asesores izaron a bandeira dos coches caros do bipartito e o contrapunto da austeridade.

Para elo, Feijóo aproveitando que Galicia tén unha fábrica de Citroën propuxo en campaña que el iría nun coche desa marca e desa factoría e por suposto que vendería o Audia A8 de Touriño (haberá que estar atentos a E-Bay). Tanto Núñez Feijóo como o Partido Popular son sempre austeros e nada pretenciosos… ¿como van dar imaxe de luxo e alto poder xente coma eles?.

Unha lástima que:

  • Unha lástima que na factoría PSA Peugeot-Citroën só se fabriquen Berlingos, Picassos, C4 e Peugeot Partners… ¿Será Feijóo o primeiro presidente en ir nunha furgalla ou nun monovolumen?.
  • Unha lástima que os presidentes doutras comunidades do PP non sigan exemplo da austeridade en tempos de crise: Na Rioja o PP tén 25 Audi’s de alta gama.
  • Unha lástima para a austeridade que un alcalde como Ruiz Gallardón se pasee nun Audi con un aluguer para 4 anos de 591.624€. Escalofriante…
  • … ou na Comunitat Valenciana tamén dos Populares tamén parece que se coce “austeridade”. Dous A-8 para desplazamentos da presidenta Milagrosa Martínez.

En fin, que me alegro que vaiamos ter un presidente austero, que prefira gastar no pobo o que non gaste nos seus… un presidente que viaxe nunha furgalla como un autónomo máis e cando vaia inaugurar cousas busque como o resto de mortais donde dan de comer máis barato para aforrar unhos cartiños á facenda pública.

O tema parece que sigue vivo. Hoxe en La Voz de Galicia:

-¿Y comprará el Citroën?

-Claro, por supuesto, tenemos una factoría de esa marca en Galicia. La automoción será una de mis prioridades y me reuniré además con el presidente del grupo Citroën.

-Sabe que en Vigo solo se fabrican modelos familiares…

-Hombre, no voy a andar en coches familiares ni en furgonetas. Pero será un modelo de gama normal.

Estaremos atentos a todo isto e ó futuro C4 1.2 68Cv de Feijóo, pero bueno, vista a que hai armada co Caso Gürtel e o PP (Blaqueo de cartos, intereses, traizóns, chantaxes, e miles de euros de por medio…), co tema do coche parece que estamos a falar de pipas.

Neste blog críticos somos e críticos seremos. Non vamos parar.

Saúde.

(Posteado por vhant)

Categorías: 1

1 resposta so far ↓

Deixa un comentario